foto

foto

Sinto...

Sinto ledicia, tristura, medo, rabia, inseguridade, agradecemento... e teño ganas de compartir as miñas emocións e sentimentos con todos vós, deste xeito, sabendo comos nos sentimos, poderemos poñernos no lugar do outro e comprendelo mellor.

"É a mente a que crea o mundo que nos rodea e aínda cando nos atopemos xuntos, parados na mesma pradeira, os meus ollos nunca verán o que os teus contemplan e o meu corazón nunca se axitará coas emocións que conmoven ó teu".
George Gissing (Novelista inglés)


martes, 17 de mayo de 2016

Emociones y sentimientos. Del revés

SAÍDA A MUXÍA Exposición da imprenta e ruta de López Abente

DÍA DO LIBRO. ABRIL 2016



O 22 de abril celebramos o día do libro no colexio, sen embargo nós xa estivemos traballando sobre este asunto durante toda esa semana. Como o tema deste curso eran as emocións e os sentimentos, e o libro escollido "O Principiño", buscamos información sobre o seu autor, Antoine de Saint-Exupéry e descubrimos aspectos moi interesantes sobre a súa vida, como saber en que se inspirou para escribir esta novela.

domingo, 10 de abril de 2016

O Principiño



Durante varios días, o alumnado de 5º estivemos facendo unha lectura colectiva do Principiño. Se queres saber o noso sentir bótalle un ollo a esta presentación.

viernes, 25 de marzo de 2016

CONCURSO DE LECTURA DE POESÍA EN VOZ ALTA



O venres 11 de marzo, algúns de nós participamos no concurso de lectura de poesía en voz alta. Neste vídeo, xentileza do Blog da Biblioteca escolar "O niño da curuxa", podedes escoitar ó alumnado de 5º e 6º que participamos no evento.

Día de Rosalía



O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía. Na clase elaboramos unhas postais que logo enviamos por correo ás nosas familias. Este foi o resultado.

domingo, 7 de febrero de 2016

ASÍ CANTAMOS NO ANTROIDO

CONTAMOS UN CUENTO

CHARLA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS


O pasado 2 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º asistimos a unha charla sobre novas tecnoloxías.






Estas charlas están dentro do Plan Director da Garda Civil para a convivencia.






O Sr. couto explicou os perigos cos que nos podemos atopar na rede e como podemos utilizala de forma segura.




Agora só temos que poñer en práctica o que aprendimos.