foto
Sinto...
Sinto ledicia, tristura, medo, rabia, inseguridade, agradecemento... e teño ganas de compartir as miñas emocións e sentimentos con todos vós, deste xeito, sabendo comos nos sentimos, poderemos poñernos no lugar do outro e comprendelo mellor.
"É a mente a que crea o mundo que nos rodea e aínda cando nos atopemos xuntos, parados na mesma pradeira, os meus ollos nunca verán o que os teus contemplan e o meu corazón nunca se axitará coas emocións que conmoven ó teu".
George Gissing (Novelista inglés)
domingo, 7 de febrero de 2016
CHARLA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS
O pasado 2 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º asistimos a unha charla sobre novas tecnoloxías.
Estas charlas están dentro do Plan Director da Garda Civil para a convivencia.
O Sr. couto explicou os perigos cos que nos podemos atopar na rede e como podemos utilizala de forma segura.
Agora só temos que poñer en práctica o que aprendimos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)