O venres 11 de marzo, algúns de nós participamos no concurso de lectura de poesía en voz alta. Neste vídeo, xentileza do Blog da Biblioteca escolar "O niño da curuxa", podedes escoitar ó alumnado de 5º e 6º que participamos no evento.
foto
Sinto...
Sinto ledicia, tristura, medo, rabia, inseguridade, agradecemento... e teño ganas de compartir as miñas emocións e sentimentos con todos vós, deste xeito, sabendo comos nos sentimos, poderemos poñernos no lugar do outro e comprendelo mellor.
"É a mente a que crea o mundo que nos rodea e aínda cando nos atopemos xuntos, parados na mesma pradeira, os meus ollos nunca verán o que os teus contemplan e o meu corazón nunca se axitará coas emocións que conmoven ó teu".
George Gissing (Novelista inglés)
viernes, 25 de marzo de 2016
Día de Rosalía
O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía. Na clase elaboramos unhas postais que logo enviamos por correo ás nosas familias. Este foi o resultado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)